Facultade de Fisioterapia

Dúas teses de doutoramento avalían a toxicidade neuroendocrina dos compostos organofluorados

Os compostos organofluorados (FOCs) son substancias tóxicas pertencentes á categoría de contaminantes emerxentes e de elevada toxicidade, unha toxicidade determinada en parte pola súa elevada persistencia e dispersión ambiental. Están presentes en todo tipo de elementos da contorna, como insecticidas, cosméticos, recubrimentos antideslizantes, espumas antiincendios ou catalizadores de procesos industriais. Dúas teses de doutoramento presentadas na Facultade de Ciencias do campus de Ourense avaliaron a súa toxicidade neuroendocrina.


As teses foron realizadas baixo a dirección de María Anunciación Lafuente, catedrática de Toxicoloxía da Universidade de Vigo, durante os tres últimos anos no marco do proxecto de investigación Avaliación da toxicidade neuroendocrina de compostos organofluorados en seguridade alimentaria, levado a cabo pola Área de Toxicoloxía con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación e da Xunta de Galicia. Ramón Salgado Freiría realizou a tese Alteracións no eixo hipotalámico-hipofisario-adrenal inducidas pola exposición a sulfonato de perfluorooctano (PFOS) en rata macho adulta, e Sergio López Doval a tese Toxicidade do sulfonato de perfluorooctano (PFOS) no eixe hipotalámico-hipofisario-testicular en rata macho adulta.


Ler a nova completa no DUVI